jueves, 21 de febrero de 2013

Sony anuncia o futuro de PlayStation

Sony celebrou a pasada noite en New York un grande evento para presentar ao mundo o futuro de PlayStation, o que nas pasadas semanas desatara toda unha serie de rumores que pouco a pouco foron confirmándose, pero ata que Andrew House subiu ao escenario non se confirmou oficialmente a PlayStation 4, nova consola da compañía nipoa que supón o achegamento do hardware de Sony ao mundo do PC como unha concesión aos desenvolvedores (que poderán así tirar un maior proveito das súas prestacións) adoptando unha arquitectura x86, un procesador de 8 núcleos, unha gráfica mellorada, 8 Gb de RAM, un grande disco duro e un mando DualShock 4 (que resultou ser o filtrado nos últimos días) que tamén contará cunha cámara que intentará levar un paso adiante a tecnoloxía anteriormente desenvolvida con PS Move (detectando a profundidade). O novo mando inclúe unha pequena pantalla táctil, conta con vibración e tamén conta con saída de audio para funcións sociais.

Zarpamos anuncia os gañadores do seu concurso para proxectos emprendedores

O pasado venres celebrouse na Coruña a xornada final de selección de proxectos do Concurso motiON organizado pola aceleradora de empresas Zarpamos, que ten como obxectivo seleccionar proxectos emprendedores que pasarán a formar parte das súas empresas aceleradas, que nunha primeira quenda contou cun total de 24 proxectos que foron avaliados polos seus partners e mentores, dos que seleccionaron a 10 finalistas aos que recibiron neste último encontro para seleccionar a 6 gañadores (e 2 suplentes).
O xurado deste concurso repartiuse en 4 mesas polas que foron pasando os proxectos, para analizalos en profundidade, compartindo comentarios e opinións entre partners, mentores e emprendedores, en conversas construtivas que axudan a comprender o potencial dos proxectos. Entre os mentores presentes podemos destacar a Tina Yang, Tech & Wireless Executive de Truphone; Fernando Vázquez, director xeral de Imatia; Axel Serena, director xeral de Vittalia e Business Angel; e Roi Correa, director xeral de Menus.es; que coa súa experiencia en iniciativas de éxito puideron resultar de inestimable axuda a esta fase de selección que leva a negociar a entrada en Zarpamos dos seguintes proxectos:
· KollectBox, orientado a coleccionistas
· FaceDetection, sistema de etiquetado automático mediante intelixencia artificial
· Kuiik, xestión de CRM e marketing útil
· Lukkom, servizo social de negocios
· Appvisor, plataforma de servizos profesionais do coñecemento
· Wob, xestión da información para marcas
Quedan entre os suplentes os proxectos Lookality e IAM Detecytor.